Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO
Vivero de Empresas

Viveiro de Empresas


¿Que é?

Ampliar Foto...

É unha estructura de apoio para as novas iniciativas empresariais donde se favorece o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas xeneradoras de emprego.

Con esta fórmula o que se pretende é crear un medio idóneo que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu plan de empresa, eliminando costes de compra ou aluguer  para que con un tempo de estancia limitada no centro, ditas empresas estén en situación de competir e actuar en condicións de mercado.

¿Quen pode acceder?

Aqueles novos proxectos empresariais emprendidos no ámbito do Concello independentemente da súa forma xurídica, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas ordenanzas municipais que regulan o funcionamento do mesmo.

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

¿Que servizos ofrecemos?

  • Cesión de locais municipais do Viveiro de Empresas con sede
  • Cesión de locais comúns  para o seu uso como salas de formación ou de reunión.
  • Subministración de limpeza,  auga potable, calefacción, enerxía eléctrica, evacuación de augas residuais, recollida selectiva de lixos …

Ademais, os empresarios que aniden neste edificio contan co asesoramento e apoio do persoal administrativo da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local que tratará de:

  • Motivar, orientar e facer un seguimento técnico de novas iniciativas empresariais.
  • Detectar posibles novos emprendedores no noso municipio.
  • Formar a novos emprendedores hacia o autoemprego.
  • Informar sobre as fontes de financiación e posibles subvencións e axudas ás que se poden acudir.

Onde estamos ?

imagen...

O viveiro de empresas atópase no centro de Vilarchao, núcleo idóneo por ser a capitalidade do municipio.
Vilarchao s/n  32152- Coles ( Ourense)


Para máis información

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Vilarchao s/n
e- mail: aedl@concellodecoles.org
Telf: 988 20 51 34

 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal