Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO
Qué Visitar » Los Castros

Visitar os Castros de Coles


Un castro é un tipo de poboado fortificado que se espallou por Galicia na Idade de Bronce e do Ferro, era o asentamento máis habitual antes da chegada dos romanos e seguiu empregándose ata ben entrada a idade media, aínda que con modificacións nas vivendas e na distribución das rúas.Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo, aínda que se cree que uns  3.000, pero tan só hai uns 50  escavados.

CASTRO DA SANTA ÁGUEDA

Accedese a il por unha pista que arranca á dereita da estrada Ourense-Lugo a 3 km do cruce chamado o Empalme (en Cambeo). Rodea o castro un paramento de 5m de alto que se alonga cara fora nun terraplén de 12m., correndo ó seu lado un foso. Este foso na banda do oeste alónxase do terraplén ata formar un á maneira de antecastro de 28 m. de ancho   O feito de haber tres recintos, leva á posibilidade de que o situado na parte inferior do castro, obedecera a unha ampliación do recinto castrexo por crecemento demográfico. O recinto seguinte parece ser o propiamente defensivo, consta dunha muralla que se asenta sobre un pronunciado terraplén, que cara o exterior desemboca nunha forte pendente que se fai máis acusada nas caras norte e oeste. Na parte baixa  atópase este terraplén enmarcado ancho foso, protexido por un parapeto. Ese foso é máis pronunciado na cara norte e oeste, e na sur e este, hoxe xa non se aprecia.

CASTRO DA MADALENA

Para chegar ata el tomamos a estrada a Santiago e a uns 8 km de Ourense llegase ó cruce de Gustei, alí viramos cara a dereita, e a 2 km está un cruce que indica a situación do pobo chamado Madalena (o Madanela) que está situado nas faldas do devandito castro a 400 m. de altitude. É un castro dun só recinto provisto dun terraplén que polo Oeste mide oito metros de alto e polo Leste chega ata os corenta. No norte e oeste e na metade hai un escalón estreito que fai a modo de glacis, e ó seu pé corre un foso de trece a quince metros de ancho cunha escarpa de tres a dez metros de alto.

A MEDORRA

É unha das moitas variantes que ten a palabra mámoa. Son amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, que se nos presentan de forma brusca sobre o terreo que sinalan un ou varios enterramentos.
O lugar chamado Medorra ocupa un alto que está ó lado do Castro da Madalena. Aparentemente ten unha altitude considerable, parece máis alta co monte da Madalena (que conta con 452m. de altitude); pero segundo o mapa topográfico nacional a súa altitude é de 444m.   Denomínase así un territorio que por unha parte mira cara Madalena e pola outra á estrada nacional 525 (Zamora-Santiago); aínda que por esta parte a súa altitude non é visible

 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal