Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Últimas Novas de Coles

FESTA DE ENTROIDO

13/02/2017 - Novas do Concello

O sábado, 25 de febreiro, de 16:30 h a 19:30 h, ven a desfrutar o Entroido no Polideportivo de Albán.

Haberá concurso de disfraces: -Infantil, con trofeos para 1º, 2º e 3º premio e agasallos para os participantes.

-Comparsas (para todas as idades) con premios en metálico (1º premio: 150 €; 2º premio: 80 €; 3º premio 50 €)

E tamén inchables, touro mecánico, música con DJ e moita diversión.

O prezo da entrada será 1 euro.

Á venda o 19 de febreiro no Local Multiusos dos Viveiros de Emprego de Vilarchao de 17:00 h a 19:00 h.

Será preciso ir acompañado dun adulto.


AUDITORIO MES DE FEBREIRO

03/02/2017 - Novas do Concello

Ao longo do mes de febreiro vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles:

O domingo día 12 ás 18:30 horas, a coral "SOCIEDAD ALBOR” de OURENSE faranos desfrutar dunha tarde de concerto.

O sábado día 18 ás 18:30 horas, vaise ofrecer unha conferencia por parte de D. Ramón Villares Paz (Presidente do Consello da Cultura Galega), sobre “FOROS E FIDALGOS” (Historia do Pazo de Lagariños), que presentará D. Bieito Iglesias.

Ramón Villares Paz. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e Presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea (1996-2002). Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios patronatos de centros e fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros).

O domingo día 19 ás 18:30 vainos ofrecer un concerto a “CORAL DO LICEO”, cun variado repertorio.


TALLERES DE MEMORIA

26/01/2017 - Novas do Concello

A semana do 6 de febreiro de 2017, comezará o oitavo curso do taller de memoria do Concello de Coles, unha iniciativa destinada todos os veciños/as.

Os talleres organízanse en oito grupos nas distintas parroquias, co fin de achegar a actividade a todos os locais sociais e que poidan participar o maior número de veciños/as. O taller non é só un taller para exercitar a memoria, é un lugar de reencontro, de diversión e de aprendizaxe.

O tempo de duración dos talleres vai ser ata xuño.

Os obxectivos centrais destes talleres son mellorar a calidade de vida, ofrecer un espazo de interacción cos demais e de expresión propia, afondar na idea do auto-coidado e a motivación para levalo a cabo, adestrar en estratexias técnicas de memoria, así como estimular outros procesos cognitivos básicos como a percepción, atención, linguaxe, orientación espazo-temporal e a capacidade lóxica

Aquelas persoas que estén interesadas en apuntarse no programa non é necesario facer unha inscrición previa, e poden facelo no propio local da actividade.

Unha máis das actividades gratuítas das que dispoñemos os veciños e veciñas do Concello de Coles.


CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES - POR UN NADAL FELIZ PARA TODOS E TODAS

05/12/2016 - Novas do Concello

A agrupación de voluntarios de PROTECCIÓN CIVIL coa colaboración do CONCELLO DE COLES, e con diferentes supermercados do concello, "ONDA" (Vilarchao), "SPAR" (Vilarchao), Estanco-tenda "OFELIA" (Estación-Barra de Miño) e "CASA ALONSO" (Cambeo), levaran a cabo una campaña de recollida de alimentos e xoguetes a favor de BANCO DE ALIMENTOS OURENSE.

O punto de recollida para xoguetes e alimentos vai estar o sábado día 10 e sábado día 17 de decembro de 10:00 a 13:00, na BASE DE PROTECCIÓN CIVIL en Vilarchao (Lado Viveiros de Emprego).

Nos distintos supermercados do concello, "ONDA" (Vilarchao), "SPAR" (Vilarchao), Estanco-tenda "OFELIA" (Estación-Barra de Miño) e "CASA ALONSO" (Cambeo) se levará a cabo esta recollida de alimentos non perecedoiros.

A campaña durará ata 19 de decembro.

Os bancos de alimentos son organizacións sen ánimo de lucro baseados no voluntariado e cuxo obxectivo é recuperar excedentes alimenticios da nosa sociedade e redistribuílos entre persoas necesitadas, evitando calquera desperdicio ou mal uso.

Por un nadal feliz para todos e todas.

 Grazas por colaborar!!

 

TALLER BAILE MODERNO

04/12/2016 - Novas do Concello

O Concello de Coles organiza un taller de “Baile Moderno”.

Cada vez gusta máis o baile, e é por iso que quixemos converter o baile nun xogo no que ademais de aprender a bailar as cancións máis actuais cos estilos máis de moda (Hip-hop, Funky, House, Dance Hall, Street dance, Ragga, etc), fagan exercicio e melloren a súa coordinación.

Os talleres serán os días 28 de decembro e 4 de xaneiro, con horario de 18:00 h. a 19:00 h.

O que se pretende é crear unas clases de Baile Moderno ó longo do curso.

O baile é unha actividade que debería formar parte do desenvolvemento de todos os nenos e nenas xa que, a través del, van poder desenvolver unha mellor coordinación dos seus movementos, unha mellor rítmica, un maior control e coñecemento do seu corpo, desenvolver a memoria e mellorar as súas relacións sociais con outros nenos, ademais de, por suposto, estar a realizar un exercicio físico no que se moven e fortalecen todos os músculos do corpo.

Está dirixido a nenos e nenas a partir de 12 anos e será gratuíto.

A inscrición farase na Casa do Concello antes do día 22 de decembro.


 

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
(C) Concello de Coles - Aviso Legal