Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

I CICLO TEATRO DE COLES

30/10/2017 - Novas do Concello

Comeza o I Ciclo de Teatro de Coles, un conxunto de actuacións teatrais no noso Auditorio coas que poderán desfrutar as vindeiras tardes de domingo.

Este ciclo ábrese o domingo día 5 de novembro ás 18:30 h, coa obra "Tarabeleando con Mario", presentada por Silvardeiras Teatro (Allariz).

A seguinte actuación, na que o grupo de teatro La Caja de Pandora (Verín) nos presenta "Un mal día",  terá lugar o domingo día 19 de novembro ás 18:30 h.

O domingo día 26 de novembro ás 18:30 h, será o Grupo de Teatro de Vilamarín o que nos visitará coa obra "Melocotón en almíbar".

E pechando este ciclo, o Grupo de Teatro Oreteiro (Ourense) preséntanos "Caixa pazpallo, caixa do k...", actuación que terá lugar o domingo día 3 de decembro ás 18:30 h.


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal