LUDOTECA DE NADAL
10/12/2017 - Novas do Concello
Un ano máis nestas datas, o Concello de Coles oferta para os máis cativos unha Ludoteca de Nadal, enfocada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Os días que permanecerá en funcionamento serán o 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10:00 h a 13:00 h e cun prezo de 25 euros por neno.
Tamén se oferta a posibilidade horaria de 9:00 h a 14:00 h, cun prezo de 35 euros por neno, neste caso.
As prazas son limitadas e con preferencia para empadroados e empadroadas.
A inscrición será ata o 19 de decembro.