Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

PERIODO DE COBRANZA VOLUNTARIA 2018 - I.V.T.M. E LIXO

24/03/2018 - Novas do Concello

Concello de Coles informa de que o prazo para o pago voluntario do IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA e LIXO de 2018 permanece aberto  o próximo 1 de abril.

Para ofrecer un mellor servizo aos veciños e veciñas, a partir deste ano, o SERVIZO DE RECADACIÓN MUNICIPAL é nas DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE COLES.

Este ano, como en anteriores, mantéñense as tarifas de anos anteriores, dentro da política municipal de conxelación de impostos e taxas.

Para facilitar o seu pago voluntario manterase aberto ata o 31 de maio.

 A recarga de apremio e vía executiva será a partir de 1 de xuño de 2.018.

Poderase realizar o pago en calquera Oficiña de ABANCA ou na oficiña de recadación, no edificio do Concello de Coles (planta baixa), mediante pago  TPV (pago con tarxeta). 

Os documentos de cobro foron enviados ao domicilio declarado por correo ordinario. En caso de non recibilo, o obrigado ao pago debe acudir ás oficinas municipais  de recadación, no edificio do Concellode Coles (planta baixa), para obter un duplicado, xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pago, nin impide a utilización da vía de apremio  e vía executiva.

 

     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal