II BTT DE COLES
11/04/2018 - Novas do Concello
O próximo 22 de abril terá lugar a II BTT do Concello de Coles, na que deporte e aventura se xuntarán para desfrutar das fermosas paisaxes do concello.
Para poder participar deberás anotarte antes do día 21 de abril no seguinte enlace:
http://inscripciones.ranckr.com/evento/ii-btt-concello-de-coles.
O número de inscricións será limitado, cun máximo de 200 participantes.
O prezo por inscrición será de 15 euros.
Este ano, como novidade, poñerase en marcha Circuíto Ciclista Infantil, de 10:00 h. a 13:00 h., para nenos e nenas ata 12 anos, totalmente gratuíto.
Os nenos e nenas que participen terán que vir con casco.
O circuito consistirá en circuito de educación viaria: sinais, pasos de peóns e semáforos e xincana de adestramente, carpa taller de reparacións de bicis.