Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

ACTIVIDADES DE VERÁN EN COLES

09/06/2018 - Novas do Concello

O concello  organiza un ano máis as “Actividades de Verán en Coles", ofertando o Campamento “Equal & Dance” e a Ludoteca “Gran Circo de Polgas”, impartida por A Run Run xogos e enredos.

Estas actividades propóñense como unha alternativa no tempo de lecer, para que os nenos e nenas aproveiten o horario laboral dos seus maiores para xogar, aprender e relacionarse con outros nenos.

O Campamento  EQUAL & DANCE desenvolverase no Centro de Educación Ambiental EQUAL, na parroquia de A Barra.

A data de realización do campamento será do 24 ó 30 de xuño, con horario de 9 h a 18:30 h.

Está enfocado para mozos e mozas de entre 7 e 14 anos, que poderán desfrutar de actividades coma xogos, baile moderno, actividades de natureza, obradoiros, piscina, hípica...

O custo por participante (con subvención concello) será: 90 euros na modalidade DIURNA e de 150 na COMPLETA.

A Ludoteca Gran Circo de Polgaslevarase cabo entre os días 25 de xuño e 29 de xullo, con horario de 10:00 a 13:00 horas, existindo a posibilidade de ampliar horario de 9:00 h a 14:00 h.

A Ludoteca está dirixida a nenos/as con idades entre 3 e 12 anos, e mesturará actividades tales coma xogos, contos e historias, paseos e parque, obradoiros de circo.....

O seu custo  (con subvención concello) será de 50 euros por neno/a.

Inscrición nalgunha destas actividades ou máis información sobre elas no teléfono do concello: 988 20 51 34

As prazas son limitadas e terán prioridade empadroados/as.

Inscrición ata o 21 de xuño.


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal