Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

XIMNASIA DE MANTEMENTO GRATUÍTA NOS LOCAIS SOCIAIS DO CONCELLO DE COLES

06/09/2017 - Novas do Concello

A partir do día 2 de outubro, un ano máis, o Concello de Coles  pon en marcha a Ximnasia de Mantemento nos diferentes locais sociais do Concello.

Este programa está baseado nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física, mediante o exercicio periódico e continuo. Os exercicios de mantemento que se realizarán neste programa comprenden unha serie de movementos sinxelos nos que se utilizan as principais articulacións do corpo.

Os obxectivos que ten este programa son, entre outros, recuperar a forza perdida ó longo dos anos, diminuír tanto as dores articulares, como musculares, mellorar a flexibilidade e mobilidade articular, alcanzar un maior control e coñecemento do seu propio corpo e prever lesións de tipo xeral, incidindo en posturas corporais saudables.

Os destinatarios do Programa son os veciños e veciñas do Concello de Coles, que se atopen empadroados .

actividade é totalmente gratuíta.


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal