Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMESTICO

07/09/2017 - Novas do Concello

O Concello de Coles, un ano mais, inicia unha nova campaña de compostaxe domestico, nesta ocasión en colaboración coa Deputación de Ourense.

O obxectivo é o de reducir o volume global dos residuos producidos no fogar mediante a reciclaxe da materia orgánica en orixe e obter así un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan  e eliminar ou, cando menos, minimizar o uso excesivo de fertilizantes químicos, reducir o custo económico que se deriva da recollida, transporte, xestión e tratamento dos residuos urbanos, así como recuperar unha práctica tradicional da cultura galega son outros dos obxectivos básicos que se perseguen con esta campaña, sen esquecer o compoñente educativo e de participación cidadá que se deriva desta práctica. A campaña vai dirixida a empadroados de Concello de Coles, con prioridade os que nunca antes participasen nunha campaña de compostaxe realizada polo Concello. 

As persoas interesadas en participar neste plan deberanse anotar nas oficinas municipais antes do 15  deste mes.

Os fogares que se inscriban na campaña recibirán de forma gratuíta un recipiente (compostero) para realizar a compostaxe no fogar, así como un manual didáctico e  participasen nun taller   formativo específico na materia


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal