Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

II BTT DE COLES

11/04/2018 - Novas do Concello

O próximo  22 de abril  terá lugar a II BTT do Concello de Coles, na que deporte e aventura se xuntarán para desfrutar das fermosas paisaxes do concello.

 

Para poder participar deberás anotarte antes do día 21  de abril no seguinte enlace: 

http://inscripciones.ranckr.com/evento/ii-btt-concello-de-coles.

O número de inscricións será limitado, cun máximo de 200 participantes.

O prezo por inscrición será de 15 euros.

 

Este ano, como novidade,  poñerase en marcha Circuíto Ciclista Infantil,  de 10:00 h. a 13:00 h., para nenos e nenas ata 12 anos, totalmente gratuíto.

Os nenos e nenas que participen terán que vir con casco.

O circuito consistirá en circuito de educación viaria: sinais, pasos de peóns e semáforos e xincana de adestramente, carpa taller de reparacións de bicis. 


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal